Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2022 | Actualizada ás 13:32
Os hospitalizados con covid en Galicia descenden a 121, tres menos que os notificados este venres, mentres que os casos activos continúan en ascenso e sitúanse nos 1.684 (+71). Ademais, a Consellería de Sanidade notificou o falecemento dunha muller de 92 anos, con patoloxías previas, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Así, as cifras ofrecidas este sábado pola Consellería, con datos recollidas ata as 18,00 horas deste venres, reflicten que 116 persoas atópanse hospitalizadas en planta (-4) e cinco en unidades de coidados intensivos, unha máis que o día anterior.
Por áreas sanitarias, a que máis pacientes ten é a da Coruña, con 39 en planta (+1) e un en UCI, mentres que a de Vigo mantén 19 persoas en planta e dúas en coidados intensivos (+1). En Ourense, notifícanse 18 hospitalizados en planta (-1) e un en UCI. Así mesmo, a área de Pontevedra rexistra 13 pacientes (-2) en hospitalización convencional e un en UCI. En Santiago, 11 persoas atópanse en planta (-3); en Ferrol, sete (+2); e en Lugo, 9 (-1).
CASOS ACTIVOS
En relación aos casos activos, a que máis casos ten é tamén a da Coruña, con 365 (-1), seguida da de Ourense, con 296 casos activos (+26) e a de Santiago, con 282 (+11). Pola súa banda, a área sanitaria de Vigo mantén 229 persoas pasando a enfermidade.
Por baixo dos 200 casos está Lugo, con 197 (+5); Pontevedra, con 181 (+12); e Ferrol, con 134 (+16). Desde o inicio da pandemia resultaron contaxiadas en Galicia 679.091 persoas e superaron a enfermidade 673.597, mentres que faleceron con covid 3.919 persoas.
Por outra banda, realizáronse case catro millóns de probas de detección PCR, case dous millóns de probas de antígenos, e 1,6 millóns doutro tipo de probas. Con respecto ás vacinas, fornecéronse algo máis de 6,7 millóns de doses.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.