Rueda critica a súa ausencia no cume hispano-luso e envía a Sánchez unha carta con "prioridades" para Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2022 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, criticou que non foi convidado ao cume hispano-lus que se celebrará este venres en Viana do Castelo (Portugal) e remitirá ao titular do Goberno central, Pedro Sánchez, cos asuntos que considera "prioritarios" para Galicia e que debe tratar co primeiro ministro portugués, António Costa.

De feito, a reunión deste xoves do Consello da Xunta abordou estes asuntos "imprescindibles", principalmente relacionados coa alta velocidade ferroviaria e as infraestruturas transfronteirizas, para plasmalos nunha misiva que trasladará a Sánchez.

O principal asunto que inclúe esta carta de Rueda é que o cume conclúa con "un calendario con prazos" e con orzamentos concretos por parte de España, "ao nivel do Goberno portugués", para conectar Vigo e O Porto cun tren de alta velocidade.

Así mesmo, outro tema "prioritario" que reclama o presidente galego é a redacción dun "estatuto do traballador transfronteirizo", xa que os "miles" de empregados que cada día cruzan a fronteira entre Galicia e Portugal precisan "un réxime común que recoñeza esta relación peculiar" entre os dous territorios.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, preside a reunión do Consello da Xunta
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, preside a reunión do Consello da Xunta | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta