Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2022 | Actualizada ás 20:22
A Confederación Xeral do Traballo (CXT) confirmou este venres nun comunicado que mantén a convocatoria de folga en Renfe tanto o luns 7 e o venres 11 de novembro, despois de que se asinase un convenio entre SEMAF, UGT, CC.OO. e a empresa no que non se alcanzaron as previsións que a CXT tiñan previsto que recollese o texto do convenio.
A CXT sinalou que Renfe viaxeiros mantén bloqueada a venda de 42 servizos ferroviarios para o próximo 7 de novembro a causa, aseguran, da folga convocada. Entre estes servizos hai oito circulacións que saen da Coruña e outras tantas de Vigo --incluído un Alvia a Madrid ás 5,50h--, así como cinco servizos desde Ourense, un desde Santiago e 10 de proximidade.
A Madrid, ademais do citado, aparecen outros que teñen como orixe a capital e como destino a cidade olívica --o das 6,20 e o das 16,00 horas--. Tamén estarían supostamente bloqueados catro servizos internacionais, os que unen Vigo e O Porto.
RECLAMACIÓNS DE CXT
Coa convocatoria de folga, á que están chamados 14.000 traballadores, a CXT reclama unha subida salarial lineal que sexa garante do IPC real e un aumento do persoal a contratar en 2023 para "converter os contratos temporais en contratación indefinida".
Ademais, piden unha normativa de mobilidade "transparente e xusta"; a eliminación das categorías de ingreso que xeran "unha dobre escala salarial"; ou a implantación da xornada de 35 horas en cómputo semanal. A isto súmanse medidas para posibilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.