Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/11/2022 | Actualizada ás 10:00
Os fogares galegos destinan un 11% dos seus ingresos a pagar a factura enerxética, situándose o gasto medio mensual en gas, electricidade e carburante en 213 euros. Así o recolle o estudo "La factura energética en el fogar" realizado polo Grupo Mutua Propietarios onde tamén se aprecia que os fogares vulnerables son os que, proporcionalmente, máis ingresos destinan ao pago da enerxía chegando a rozar o 25% do total.
De acordo co informe, o incremento da factura enerxética provocou que prestemos maior atención a determinadas rutinas co obxectivo de reducir o gasto. Encher máis os electrodomésticos (93%), revisar as facturas para coñecer o consumo mensual (83%) e regular a temperatura da calefacción ou o aire acondicionado, son o tres hábitos enerxéticos máis habituais no fogar.
Co fin de afrontar un inverno que se prevé duro, un 66% dos galegos afirma estar disposto a cumprir coas medidas suxeridas polo Goberno dentro do Plan +SE (Plan Máis Seguridade Enerxética), co que desexa achegar aos fogares máis seguridade fronte aos prezos da enerxía.
"A situación actual esixe aos fogares e as comunidades de propietarios unha reflexión cara a un modelo de consumo enerxético máis eficiente e responsable que contribúa a preservar os recursos", afirma nun comunicado Laura López, subdirectora xeral de Estratexia, Clientes e Canales Alternativas do Grupo Mutua Propietarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.