Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/11/2022 | Actualizada ás 22:00
A economista ambiental María Loureiro, que se encargou de estudar o impacto económico e ambiental que tivo a catástrofe do Prestige, asegura que, a día de hoxe, e a pesar de todas as axudas e plans gubernamentais "non se pode restaurar totalmente o capital natural perdido, que é unha parte de irreversibilidade da cal debemos ser conscientes e vivir con ela.
"Todas as axudas e todos os planos vendidos foron, mais durante o tempo vese os diferentes impactos que tiveron", di en declaracións a Galicia Confidencial. "Dependendo das actuacións, unhas son máis existosas ca outras, aínda que definitivamente, non temos datos abondo hoxe en día para entender cal foi a restauración posterior á castástrofe", asegura.
Loureiro destaca que investigou os efectos da catástrofe en colaboración coa Fiscalía de Medio Ambiente e o que se buscaba "era delimitar os custos en bens e servizos que teñen un mercado como a pesca ou mesmo o turismo". "Tamén se avaliaron outros bens e servizos que non teñen un mercado como son os ben ambientais. Computamos estas dúas perdas, a ambiental e a económica sumándoas e tendo o dano económico total engadindo os custos dos que tiñamos datos sobre a limpeza da costa", lembra.
Unha estimación de danos que ascende a máis de 4.400 millóns de euros na Cornisa Cantábica e costa do sur de Francia. "En canto a Galicia non teño os datos, mais a magnitude era moi superior á media", apunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.