Por E.P. | A CORUÑA | 16/11/2022 | Actualizada ás 13:54
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, instou a deixar que funcionen os "mecanismos institucionais" no caso da moza coruñesa Ana Baneira, detida tras participar nas protestas en Irán.
Así o manifestou a preguntas dos xornalistas sobre unha detención que se suma á doutro español. Miñones explicou, ademais, que na xornada de onte falou co ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares.
Ademais, indicou que "en breve" estará en contacto coa embaixada española en Irán. "A familia ten toda a información desde a embaixada", expuxo o delegado do Goberno, quen pediu "tranquilidade" e deixar que "funcionen os mecanismos institucionais".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.