Son do bloque, por que é o único partido que se presenta, que me garantiza que os que van a ir a Madrid serán os meus representantes. Podes dicir ti iso, ou calquera que vote os do PSOE ou do PP?? Se se fai unha enquisa, dentro de 3 anos e se lles pregunta os que votaron PP ou PSOE quenes son os deputados que votaron, o 70-80% como moito, dirán un é gracias.
Por que van ter liberdade de movementos cando haxa que reclamar ou pedir algo. Os do PSOE e os do PP, van ter que pedir permiso ata para ir o baño.
Por que son os únicos que falan dos problemas de Galicia. Alguén escoitou a Antón Louro?? Ou a María Xosé Porteiro?? Ou a Pepiño Blanco?? Ti me dirás "é que non fai falta que interveñan por que teñen "liña direita" co alto mando". Perdona, pero iso tamén o dicían os do PP na época de Aznar. Se vas vota-lo PSOE por iso, tamén podes vota-lo PP. Total, se gañan, che dirán o mesmo.
Por que ante os problemas, van a presionar para que se faga algo, mentras que noutros partidos van ver se eses problemas serven para atizarlle o rival na cabeza. Se non serve, non pasa nada. Ese problema non existe.
En resumo, eu elixo os meus representantes nas Cortes de Madrid (Que curiosamente, a pesares do que intentan facernos cre-los do PP e do PSOE, de iso tratan as eleccións do 9 de marzo). Mentras ti vas a votar a un individuo que realmente non podes votar (Zapatero), para colocar a uns "entes abstractos" dos que dentro duns meses nin te acordarás. Pero tranquilo, xa procurarán eles que sigas sen acordarte. :D