"Dubido moito que os vigueses pensen en Caballero cando teñen que elixir entre Zapatero e Rajoy."
Chegaches a unha cousa que eu quería. A gran mentira do PP e do PSOE. Chegará a campaña electoral, e nos bombardearán con iso de "Vota Rajoy" ou "vota Zapatero (ou Z, ou ZP, a saber)". Non hai ningún vigués que vaia votar a ningún dos dous. Iso para empezar. Se ti colles as papeletas en Galicia, non aparecerá por ningures nin Rajoy nin Zapatero. Senón uns homes e mulleres os que non se lle piden nada máis que saiban apreta-lo botón cando se lles ordea. Eu votarei polos meus representantes. Ti votarás a uns que se esconden detrás dos carteis duns individuos que se presentan por Madrid a 600 km de distancia, por que non teñen nada que ofrecer por si mesmos. Así nos luce o pelo en Galicia. Os mesmos canes pero con distintos collares.
No tema da vivenda, non me dis nada que eu non saiba (estou traballando nun sector que está moi contacto co mundo da construcción). O ritmo do 15 % de suba era insostenible. O que pasa agora simplemente é que hai demasiada oferta para moi pouca demanda. Chegouse a a un nivel de saturación tal que non hai quen venda un piso (nin a persoas da rúa nin a inversionistas). O que está a pasar agora, con estancamento dos prezos e incluso con baixadas, perdoa, pero dame a sensación de que lle estás dando as grazas ó goberno do PSOE. Espero entender mal ou polo menos que fora un chiste teu. Recórdoche que a ministra de vivenda era a máis impopular do goberno. Un ministerio sen apenas competencias, creado para a dar a sensación de que se estaba facendo algo. Que fixo nese tempo?? Promocionar e vender unhas zapatillas para que a xente non se desgastase a sola dos zapatos buscando piso. En fin, a baixada dos prezos da vivenda, foi polo mercado, non grazas ó goberno. Desgraciadamente (e isto o din publicacións internacionais) é que o tremendo crecemento vivido por España nestes anos (incluso ese 3 % do que estás tan orgulloso) foi gracias o empuxe da construcción. Dime Óscar, que sector en España vai sustituir á construcción para que siga crecendo ese 3 %?? E aínda por riba, o petróleo segue a subir, o que vai tirar para abaixo o crecemento. Que di o PSOE sobre isto? Ó PP máis ou menos igual.
O tema do leite, e a barra pan o dixen para amosar o que está a pasar. "Eu en setembro compraba o leite a 0,62 e agora cómproo a 0,68. E o pan (barriña pequena) váleme 0,25 cando en setembro custábame 0,22."
Polo que vexo, ti ves normal en 3 meses que suba o leite un 10 % e a barra de pan un 14 %. Pois entón non sei de que te queixas de que a vivenda suba mais dun 10 % anual. Desgraciadamente, sofres a falta de coherencia dos que apoian o PP e o PSOE. Esa suba dun 10 % nun caso e do 14 % doutro, che parecería normal se gobarnase o PP?? Seguro que non. E con isto das incoherencias, enlazamos coa 2º parte.
Hai uns anos, o PSOE estaba coa teima de "En Galicia o PP leva xa moito tempo gobernando" ,"O PP leva 25 gobernando Galicia", que si cambio para aquí, que si cambio para alá. O curioso é que esto se podería aplicar o PSOE en Extremadura, Andalucía e Castilla-La Mancha non cres?? ;) Se aquí o PP se mantivo co caciquismo, interpreto que alí pasa o mesmo, pero o revés non Óscar?? :D
Imos ver Óscar, ti puxeches 47 % PSOE e 36 % PP. Moi ben, vexamos:
Comunidades onde o PP supera o PSOE: Madrid, Valencia, Galicia, Castilla-León, Baleares, Murcia, Canarias, La Rioja, Cantabria, Navarra. E na maioría (Senon todas) por mais de 10 puntos de diferenza.
Comunidades onde o PSOE supera o PP: Asturias, Aragón, Cataluña, Extremadura, Castilla-La Mancha e Andalucía. E 4 delas non son precisamente moi poboadas. E en Andalucía o PP conseguirá o 40 % dos votos polo menos.
Polo tanto ese 36 % de votos que lle das o PP non o vexo por ningún lado. E o 47 % dos votos o PSOE tampouco. Ten en conta unha cousa, Óscar, ti fas as contas sobre o 100 % dos votos. Ti non descontas un 5 % de votos en blanco e nulos e un 2-3 % de votos que se van en micropartidos.
Non me soa raro o de Castilla-León, por que non hai mais partidos que eses 2 alí. Pero sigo sen aceptar os resultados de hai 4 anos. Foron válidos, pero hai que collelos con pinzas cando se toman de exemplo para extrapolar resultados.