Óscar ti segues a basar todo o que dis, nas eleccións do 2004 cando non se celebraron nunha atmósfera normal de eleccións propiamente dita. Ti mesmo recoñeces que perderon 6 puntos en 4 días. Iso non pasa en ningún lado en condicións normais. E que pasou neses 4 días?? Deixa que pense.....ah si..un atentado de radicais islámicos que matou a 192 persoas, e a cara desencaixada de Acebes botando balóns fora en tódalas las televisións. E Aznar e Rajoy (bueno, neste último é normal) desaparecidos.
A porra túa... Tódalas las enquisas din que están moi igualados. O PSOE, en calqueira enquisa que vexas, o poñen entre 160-165 deputados e o PP en torno os 150 deputados. Isto son os puntos de partida. O groso dos deputados, ¿onde están Óscar? En Madrid, Comunidad Valenciana, Catalunya e Andalucía. Catalunya non conta por que mais da metade dos votos non van nin para PP nin para o PSOE. En Andalucía (creo que son 60 deputados) basta unhas pequenas oscilacións para que un dos dous partidos gañe mais ou menos deputados e alí están moi parexos. E na Comunidade Valenciana e en Madrid xa se sabe a quen votan de maneira masiva. E aínda que me fastidie Óscar, en Navarra conseguen o 47 % dos votos, e en Baleares o 48 % (Datos das últimas eleccións municipais). O PSOE onde ten este tipo de apoios??Castilla-La Mancha e Extremadura??. E con iso...ti cres que chegará o 47%???
Mira Óscar, o bacallao, neste país xa está vendido. Salvo leves oscilacións (de feito, todo o mundo sabe que as campañas electorais, non serven para nada) o apoio a estes partidos ronda o 40 % para os dous. Dubido moitísimo que a diferenza entre eles pase de 3-4 puntos. E por suposto, nin de coña os 11 puntos que ti lles das. E mais coa que está caíndo. Recorda a frase: "É a economía, estúpido".
Queres a miña quiniela a nivel nacional?? PSOE 42-43 % (162 deputados)- PP 39-40% (153 deputados).
A nivel galego. PP e PSOE, empatados a 43 %...Esperemos que non, por que senon saerían demasiados deputados "caladiños" :D. E nos vendrían outra vez con frases do tipo "non vos preocupedes que nos van caer millóns. Os avós da Ministra de Fomento son de O Courel". Sen comentarios. :D Si...e o AVE no 2012.
Os resultados das últimas eleccións, mais ou menos creo que foron: PP 39 %, PSOE 30 % e BNG 20 %. Dime Óscar, canta xente votou a partidos "independentes" feitos de renegados do PP. Canta desta xente volverá ó redil do PP??. Ten en conta que o PP en Galicia vai a presenta-lo descastado de Rajoy como galego simpaticón. Iso, desgraciadamente vai tirar moito. E aínda por riba ti pretendes facerme crer que o PSOE en Galicia, en menos de 1 ano, vai subir 13 puntos??!! Que vai subir case un 50 % en intención de voto en menos de 1 ano?? Ti sabes o que é isto???
A miña quiniela para Galicia? Tendo en conta que un 6-7 % dos votos se van en blanco, nulos ou a partidos minoritarios...PP 44-45 % (11 deputados), PSOE 36 % (9 deputados), BNG 13 % (3 deputados).