Eu se fora Feijoo, tería coidado. Rajoy non paga coa mesma moeda a lealdade que teñen con él. O mellor se lle queda cara de parvo (aínda máis da que ten) dentro duns meses.
Óscar, esa enquisa está moi ben se non fora por varios datos a ter en conta:
-Pouca representatividade: 800 persoas en toda España sona como se a fixeran nunha reunión dunha comunidade de veciños.
-"El País", xa sabemos todos de que pé coxea. A noticia sería se o resultado dera ó revés. Non ten ningún mérito.
-A pouca fiabilidade das enquisas telefónicas. A xente xeralmente di o primeiro que lle pasa por la cabeza, non o que teñen decidido. Son máis seguras as enquisas cara a cara.
-As enquisas nestes tempos que corren, están cociñadísimas. De tal maneira que poden dicir unha cousa coma a contraria.
Por certo Óscar, seguro que che diches conta de que entre tanta información que sacan da enquisa, non poñen o marxe de erro que ten dita enquisa. Curioso, non si?? ;) ¿Razón?: ver punto 3 deste post.