Olga Louzao: "Os que estamos en Ciudadanos agora mesmo non somos do PP, nin doutros partidos políticos"

A portavoz á Alcaldía de Lugo afirma que haberá candidatura de Ciudadanos.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 25/11/2022 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

A portavoz e candidata de Ciudadanos á Alcaldía de Lugo, Olga Louzao, advertiu aos populares que "non teñen nada que facer" se pretenden que a formación laranxa non se presente ás próximas municipais.

A portavoz de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao
A portavoz de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao | Fonte: Ciudadanos.

"Ao PP non lle interesan os membros de Ciudadanos, pero non lles interesan en Lugo e en ningún sitio, o que queren son os votos", dixo, en relación a supostos contactos dos populares.

"Eles teñen a teoría de que eses votos son seus e os votos son dos cidadáns. Os cidadáns cando deciden dar a súa confianza a un partido determinado é porque outros non lles convencen", aseverou.

A tamén coordinadora da formación laranxa en Galicia afeou que para ela sería "unha falta de respecto ás 4.000 persoas que confiaron na formación nas anteriores eleccións municipais" dar ese paso. "As persoas que votan a Ciudadanos e os que estamos en Ciudadanos agora mesmo non somos do PP, nin doutros partidos políticos", advertiu.

"Con Ciudadanos Lugo e, no meu caso, como portavoz, e co meu compañeiro Juan Vidal-Pardo non teñen nada que facer", dixo ao PP, antes de engadir: "Imos seguir traballando para estar nesas municipais, para presentar o noso proxecto que avala o resultado deste oito anos de traballo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta