Por Ángela Precedo | PONTEVEDRA | 19/12/2022 | Actualizada ás 18:42
O temporal que está azotando Galicia dende última hora do domingo xa comezou a causar os primeiros estragos nas infraestruturas urbanas. Sen ir máis lonxe, en Vilagarcía de Arousa a rede de sumidoiros non puido soportar as inxentes cantidades de auga e rematou por colapsar.
Así, toda a estrada que percorre o lateral do paseo marítimo rematou ateigada de auga, tanto que os coches difícilmente podían circular. Como se pode apreciar no vídeo, a auga superaba a metade inferior das rodas dos turismos e non deixaba de correr.
Os valores extremos rexistrados ata as 18.30 desta tarde (cando chegou un novo refacho do temporal) déronse en Santa Comba, onde se rexistraron 97,8 litros por metro cadrado; Lousame, con 77,7; e Rois, con 73,7. En Vilagarcía, pola súa banda, chegouse aos 64,6 litros por metro cadrado, segundo amosan os datos de Meteogalicia.
Tamén en Cambados parece que se están dando problemas de desbordes nalgunhas rúas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.