A Xunta quere que museos e casas-museos do rural teñan un "papel central" na futura Lei galega de Museos

Anuncia que creará unha rede de centros culturais asentados no rural.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2022 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A futura Lei galega de Museos na que traballa a Xunta contempla a creación dunha rede de dinamización dos centros culturais asentados no rural que terá como "elemento central" os museos e casas-museo dedicados a creadores, escritores ou artistas que se reparten en zonas rurais.

Así o avanzou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do PP José Antonio Armada Pérez durante a Comisión 4ª de Educación e Cultura, celebrada este venres no Parlamento galego.

O responsable do Goberno galego detallou que esta regulación pretende rexer o funcionamento da rede museística galega, composta polos centros de xestión directa da Xunta e aqueles que dependen de entidades, fundacións ou asosiciones.

Todos eles terán un órgano superior que se encargará da súa coordinación e funcionamento. Trátase do Consello de Centros Museísticos de Galicia, que funcionará como un órgano adscrito á Consellería de Cultura.

Así as cousas, Lorenzo sinalou que unha das primeiras misións desta entidade será a creación dunha rede de centros culturais asentados no rural, no que xogarán un papel "central" os museos asentados nestas poboacións, "que son moitos".

Casa-museo de Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa da Matanza, hoxe Casa-Museo de Rosalía de Castro
Casa-museo de Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa da Matanza, hoxe Casa-Museo de Rosalía de Castro | Fonte: Rosalía.gal

Visita do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ao auditorio rehabilitado da casa-museo de Rosalía de Castro
Visita do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ao auditorio rehabilitado da casa-museo de Rosalía de Castro | Fonte: LUÍS POLO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta