Dous anos de cárcere para un mozo de 19 anos que abusou dunha de 12 porque "a diferenza de idade non era tan grande"

Outro mozo é absolto de agredir sexualmente á menor porque, segundo o fallo, no relato "falta a coherencia interna"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2022 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos de cárcere e a cinco anos de liberdade vixiada a un acusado de 19 anos por abusar sexualmente dunha menor de 12 en Ferrol.

Segundo recolle o fallo, facilitado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e con data do 22 de decembro, ao condenado tamén se lle prohibiu durante cinco anos aproximarse e de comunicarse coa vítima.

Ademais, impúxoselle seis anos de inhabilitación para calquera profesión ou oficio que leve contacto regular e directo con menores, así como cinco anos de prohibición de aproximarse e de comunicarse coa vítima.

A sentenza indica que o tribunal tivo en conta, á hora de fixar a condena, "partindo do consentimento" das relacións sexuais que ambos mantiveron, que "practicamente se daba unha simetría en canto ao grao de desenvolvemento e madurez, non sendo tampouco a diferenza de idade tan grande, polo menos, tan distante das que se establecen como referencia".

O fallo recolle que os feitos tiveron lugar no outono de 2020, despois de que os mozos coñecesen á menor a través doutros coñecidos. A menor "presentouse como de dezasete anos e manifestara traballar nunha tenda de tatuaxes da Coruña". O condenado "recibiu unhas mensaxes vía Instagram de quen se presentaba como irmá ou nai da menor, alertándolle de que esta tiña doce anos".

O relato recolleito no auto, o mozo "pretendeu aclarar as cousas" e a menor "negou, ao ser preguntada, que as mensaxes proviñesen dalgún teléfono dos seus familiares" e "insistiu, tiña 17 anos". Deste xeito, o agora condenado non fixo caso das advertencias e mantiveron relacións sexuais que o fallo cualifica como "consentidas".

ABSOLTO OUTRO MOZO

Por outra banda, no auto a Audiencia absolveu a outro mozo de agredir sexualmente á menor, xa que as súas declaracións, interpretadas en conxunto, "non teñen capacidade para ofrecer a seguridade necesaria" de que así fóra.

A menor contaría que a agrediu sexualmente en dúas ocasións, pero a sentenza subliña que no relato "falta a coherencia interna" porque, segundo sinala na sentenza, a incriminación que realiza "carece de calquera corroboración externa". Contra esta sentenza cabe presentar recurso nun prazo de dez días desde a súa publicación o pasado 22 de decembro.

Vítima de abusos. SAVE THE CHILDREN - Arquivo
Vítima de abusos. SAVE THE CHILDREN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta