Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2023 | Actualizada ás 16:50
Unións Agrarias e o Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciaron que as axudas da Xunta para autónomos non teñen en conta a gandeiros e agricultores.
Nun comunicado, Unións Agrarias insta á Xunta a "rectificar de inmediato as condicións de acceso ás axudas do Programa Impacto Autónomo" e cualifica de "intolerables" os límites impostos pola administración autonómica.
"Que deixan fóra da convocatoria á práctica totalidade das explotacións de vacún de carne da Comunidade e vetan aos profesionais coas rendas máis baixas, que máis necesitan deste apoio".
"É así porque, de maneira ilóxica, a Xunta de Galicia exclúe da convocatoria aos traballadores con rendementos inferiores aos 10.000 euros, unha cantidade que non conseguen as explotacións galegas", engade.
Para o Sindicato Labrego Galego, as axudas "non teñen en conta a realidade das persoas autónomas que realizan actividades agrícolas e gandeiras en Galicia", entre outras cuestións polo que se opta por un procedemento de concesión por concorrencia non competitiva.
O sindicato pide á Consellería que antes do luns, día 9, data da apertura do programa, se rectifique a modalidade do procedemento, "que debería establecerse por concorrencia competititva, adecuando o tope de ingresos máximos á realidade gandeira e labrega do noso país".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.