Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/01/2023 | Actualizada ás 13:47
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as declaracións de impacto ambiental de tres parques eólicos que a Xunta considera "ambientalmente viables", nos concellos de Quiroga (Lugo), A Rúa e Vilamartín de Valdeorras (Ourense) o primeiro; na Cañiza e Covelo (Pontevedra) o segundo e na Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro (Pontevedra) o terceiro.
No primeiro caso, o parque eólico é o de 'Xeada', que promove Neiva Directorship S.L., en Quiroga, A Rúa e Vilamartín de Valdeorras.
O segundo, o de Montouto, na Cañiza e Covelo, promóveo Alto de Montouto S.L., mentres que o terceiro é o proxecto de Campo das Rosas e tamén a súa infraestrutura de evacuación, na Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro, iniciativa de Naturgy Renovables SLU.
As tres declaracións de impacto ambiental resolven que o proxecto é "ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recolleito no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura" no documento.
"O ADICIONAL QUE RESULTE OPORTUNO"
No caso de que exista contradición, "prevalecerá o disposto" nas declaracións de impacto ambiental, segundo precisa. Ademais, se se manifesta "calquera tipo de impacto non considerado ata o momento", a Xunta poderá ditar "os condicionados adicionais que resulten oportunos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.