Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2023 | Actualizada ás 18:20
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, avanzará este mércores na Feira Internacional de Turismo (Fitur) o novo plan de axudas, cun orzamento de ata 208 millóns, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para a rehabilitación do patrimonio histórico para uso turístico.
O delegado do Goberno, que estará en Madrid para apoiar a presentación dos proxectos de sustentabilidade turística que o Ministerio financia en distintas localidades galegas, mostrouse convencido de que os concellos galegos aproveitarán esta convocatoria para "pór en valor o importante patrimonio das vilas e cidades galegas".
Esta convocatoria, cuxas bases xa foron publicadas, beneficiará a administracións autonómicas (cunha preasignación de 69,5 millóns de euros) e a entidades locais (cunha preasignación de 139 millóns).
Miñones aclarará este mércores en Fitur as peculiaridades dunhas axudas que só se poderán outorgar para rehabilitar patrimonios que estean declaradas como Ben de Interese Cultural e que sexan propiedade da administración solicitante.
Ademais, cada proxecto debe superar os 750.000 euros, cun orzamento máximo de 3 millóns, e os bens unha vez rehabilitados, destinaranse a uso turístico público un mínimo de dez anos, sen actividade económica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.