Por Galicia Confidencial | Verín | 02/02/2023 | Actualizada ás 21:00
A organización das 'V Xornadas de Novela Negra de Verín' cualifica de "gran éxito de participación" o número de personas que asistiron ás mesmas, engadindo tamén que este resultado indica que o evento está "totalmente consolidado". Participaron nas actividades un total de 1.600 persoas (156 na actividade enfocada aos centros educativos, 680 nas conferencias do venres e 764 nas do sábado).
Dende a dirección da Biblioteca Municipal, entidade responsable da organización do evento, quixeron "agradecer ao público a súa fidelidade e, como sempre, recoñecer o gran esforzo e apoio mostrado por todos os seus voluntarios, colaboradores e patrocinadores; así como o de todas os autores e expertos que participaron nesta edición das xornadas e tamén, como non, a dilixencia mostrada do propio Concello de Verín á hora de facilitar as xestións necesarias para facer posible este evento".
Pola súa banda, Emilia Somoza, Concelleira de Cultura, felicitou aos organizadores por dar continuidade a esta proposta "que xa é un dos eventos máis importantes da completa axenda cultural verinesa".
"BLACK IN BLACK"
Baixo este título presentouse esta V edición das xornadas literarias dedicadas á novela negra en Verín e, ao igual que nas edicións pasadas, as conferencias foron presentadas por voluntarias da Biblioteca de Verín, buscando dar maior participación e visualización do proxecto, que nesta ocasión correron ao cargo de Ana García, Sofía Lorenzo e Sara Blanco. Tamén presentaron aos autores e autoras Noelia Gallego, Lorena Carnero e Inés García.
As xornadas foron coordinadas e dirixidas polo xuíz e escritor Xosé Antón Vázquez Taín, e contaron con escritores/as e relatores/as de moito nivel e estiveron dedicadas á Lolita Castro, voluntaria da Biblioteca do Concello de Verín finada recentemente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.