Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2023 | Actualizada ás 16:11
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, reuniuse este venres en Lisboa co presidente da Asemblea Lexislativa da República de Portugal, Prof. Dr. Augusto SantosSilva, co que abordou o funcionamento das dúas cámaras e ao que reiterou o "interese por profundar nas relacións coa lusofonía".
A entrevista enmárcase na visita de Santalices á capital portuguesa para inaugurar a exposición 'O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia / 1981-2021', aberta ao público desde este xoves na sede do Centro Galego de Lisboa, onde poderá visitarse ata o próximo 4 de marzo.
Na inauguración, Santalices lembrou que a Lei para ou aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galicia en 2014, "obríganos a profundar nos vínculos que nos unen cos países e comunidades de lingua portuguesa"
Santalices tamén destacou o "apoio do conxunto da sociedade galega" á execución da conexión ferroviaria de alta velocidade entre Vigo e Lisboa, "unha vella e xusta aspiración reiteradamente apoiada tamén polo Parlamento".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.