Tamar Novas, pregoeiro da Festa do Queixo 2023

O actor galego, de exitosa carreira profesional en cinema e televisión, dará o discurso de apertura do evento o sábado 4 de marzo.

Por Galicia Confidencial | Arzúa | 07/02/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Tamar Novas, un dos talentos galegos da escena cinematográfica e televisiva, será o responsable de dar o pregón na 48ª Edición da Festa do Queixo o sábado 4 de marzo ás 11:00 h. no Campo da Feira. O actor santiagués, afincado en Madrid, está moi vinculado a Arzúa, pola aldea de seu pai e dos seus avós paternos, Figueiroa. Tamar leva con orgullo as súas raíces e mantén os vínculos con estes lugares, volvendo tanto en festas como o resto do ano para visitar á súa familia e gozar da súa terra.

Tamar Novas. Foto cedida pola org. da Festa do Queixo
Tamar Novas. Foto cedida pola org. da Festa do Queixo

TAMAR NOVAS, ACTOR

Tamar, nacido en Santiago o 3de outubro de 1986, debutou como actor con tan só 11 anos en “A Lingua das bolboretas”, e con 18 gañou o Goya Revelación por “Mar adentro”. Ademais de Jose Luis Cuerda e Alejandro Amenábar, traballou entre outros directores e directoras, ás ordes de Pedro Almodóvar, Isabel Coixet, Milos Forman, Daniel Calparsoro ou Gerardo Herrero.

Ten feito numerosos traballos en televisión, como “A vida por diante”, “Fariña”, “Altamar”, “El desorden que dejas”, “Veneno”… E en teatro, con varias producións do Centro Dramático Nacional.

Recentemente estreou “O Corpo Aberto”, e ten pendente de estrea a serie “Los pacientes del doctor García” e as películas “Un pasado por delante”, “Nowhere” ou “Justicia Artificial”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta