Por Europa Press / Redacción | VIGO | 14/02/2023 | Actualizada ás 19:04
A Garda Civil e a Policía Xudicial buscan a un veciño da localidade pontevedresa de Valga, aínda que residente en Padrón (A Coruña), que falta desde hai unha semana. Segundo fontes da Benemérita consultadas polo Europa Press, a denuncia de desaparición foi interposta precisamente en Padrón o pasado martes, día 7 de febreiro.
Con todo, ata a data non hai novidades sobre o seu paradoiro e na actualidade o caso investígao a Policía Xudicial, xa que unha vez transcorridos varios días é este corpo o que se encarga desta clase de sucesos, sen que iso supoña a existencia dun delito, tal como aclaran as mesmas fontes.
Trátase dun home duns 56 anos de idade. O alcalde de Valga, José María Belo, confirmou a Europa Press que se levaron a cabo procuras veciñais para atopar o home. A pesar diso, non deron os seus froitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.