Reivindicando ás mulleres que tamén rin e fan rir

'Cómicas, habelas hainas', un espectáculo de humor que reivindica ás mulleres do oficio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2023 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O espectáculo 'Cómicas, habelas hainas', coordinada pola actriz viguesa Xasmín Abuín, chega á programación cultural da Deputación de Pontevedra como unha "innovadora proposta" coa que esperan "potenciar o papel das mulleres" do oficio do humor na provincia.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este venres a que constitúe "unha das grandes novidades da programación cultural". Do 4 de marzo ao 12 de maio, a Deputación de Pontevedra levará por todas as comarcas da provincia a comedia feita e protagonizada por mulleres, con dez monólogos en vivo a cargo de Xasmín Abuín, Arantxa Treus, Marta Doviro, Bianca Kovacs, Coria Castelo e Bárbara Grandío.

A presidenta provincial destacou que, desde o Goberno provincial "seguimos apostando pola igualdade e por levar a cultura a todo o territorio", convencidos de que "non hai un elemento de transformación social como a cultura".

Carmela Silva incidiu en que, con esta iniciativa, "van romper cos prexuízos que aínda hoxe moitas cómicas, especialmente en Galicia, sufrindo", xa que "tamén o humor segue sendo un terreo maioritariamente masculino e non precisamente por falta de profesionais ou talento".

Integrantes do espectáculo 'Cómicas, habelas hainas', coordinada pola actriz viguesa Xasmín Abuín, con Carmela Silva
Integrantes do espectáculo 'Cómicas, habelas hainas', coordinada pola actriz viguesa Xasmín Abuín, con Carmela Silva | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta