Seguen subindo paseniñamente os casos Covid en Galicia

Son xa máis de 850 os contaxiados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2023 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Galicia notificou este venres 858 casos activos de Covid-19, que son 44 máis que os rexistrados nas últimas 24 horas, así como 139 hospitalizados, dos que 136 están en unidades convencionais (-6) e tres en UCI.

En concreto, segundo as últimas cifras publicadas pola Consellería de Sanidade, con datos ata as 18,00 horas do xoves, Galicia suma 59 contacios nas últimas 24 horas e conta cun total de 689.865 curados e 4.074 falecidos.

Por áreas sanitarias, a de Ourense notifica 117 infeccións activas (+12); a da Coruña, 168 (-1); a de Pontevedra, 97 (+5); a de Ferrol, 74 (+6); a de Santiago, 169 (+12); a de Lugo, 118 (=); e a de Vigo, 115 (+10).

En canto aos hospitalizados, 12 están en centros da área ourensá (un deles en UCI); 26 nos da Coruña (tamén cun paciente en coidados intensivos); 24 en Pontevedra; 13 en Ferrol; 31 en Santiago (cun ingresado en UCI); 19 en Lugo; e 13 en Vigo.

Ademais, a cifra de falecidos ascende a 4.074 tras sumarse un novo deceso na área sanitaria de Vigo o pasado mércores 22 de febreiro. Trátase dun home de 70 anos que tiña patoloxías previas. Por último, dos 59 novos contaxios notificados, 10 corresponden á área sanitaria de Ourense, 9 á da Coruña, seis á de Pontevedra, catro á de Ferrol, 14 á de Santiago, cinco á de Lugo, e 11 á de Vigo.

Detectados poistivos de Covid nun centro
Detectados poistivos de Covid nun centro | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta