Ofensiva do BNG e da CIG contra a Xunta e Ministerio por "tomarlle o pelo" ao profesorado de FP

Educación reitera que "o problema" é do Goberno e o Ministerio di que “os interinos non se verán afectados" polo novo decreto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2023 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

BNG e CIG-Educación criticaron este xoves duramente á Xunta pola situación do profesorado de FP. Así, o BNG considera que a Xunta "mente" e "toma o pelo" ao profesorado técnico de Formación Profesional (FP) ao "votar en contra" dunha iniciativa parlamentaria dos nacionalistas na que se pedía "o que demanda o profesorado" e "o que se lles está dicindo nas reunións privadas", mentres que a Consellería de Educación reitera que "o problema" o xerou o Executivo central coa redacción da Lomloe.

Este debate produciuse no marco da Comisión 4ª de Cultura e Educación do Parlamento, na que o deputado do BNG, Manuel Lourenzo, expuxo ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Manuel Álvarez Bértolo, "o agravio" que supón para o profesorado técnico de FP ao que a Lomloe imposibilita a súa integración no corpo de Profesorado de Educación Secundaria.

Con todo, o deputado do BNG sinalou que este agravio "xa existía antes da Lomloe" e o PP "nunca quixo afrontalo". Agora, engadiu, considera que "non vale reclamar fose o que é competencia da Xunta".

Comisión 4ª Educación e Cultura  / PARLAMENTO - Arquivo / Europa Press
Comisión 4ª Educación e Cultura / PARLAMENTO - Arquivo / Europa Press

CIG-ENSINO

Por outra banda, CIG-Ensino volveu solicitar ao Ministerio unha solución para o PTFP discriminado no proceso de integración en PES e criticou a expansión da Dual no novo RD de ordenación da FP.

Nunha reunión co secretario xeral técnico do MEFP, Santiago Roura, a CIG díxolle que segue pendente de resolverse a situación de discriminación ocasionada tras o proceso de integración do PTFP no corpo de PES. Un procedemento que, segundo ten constancia a CIG-Ensino, en Galicia está próximo a culminarse para quen cumpre os requisitos establecidos no RD 800/2022.

En concreto, a secretaria de Acción Institucional e Área Pública, Laura Arrojo, lembrou que a súa central ten interposto demanda xudicial para que se lle recoñeza ao persoal interino e a quen aprobou a oposición despois da entrada en vigor da LOMLOE o cobro con efectos retroactivos desde xaneiro de 2021 e pediu explicacións sobre as xestións que asegurou o conselleiro de Educación se están a facer na Conferencia Sectorial, e mesmo co Ministerio de Universidades.

En liñas xerais o secretario xeral técnico dixo que “no que ten a ver coas competencias ministeriais este tema está pechado, que o persoal interino non pode verse afectado por algo que está regulado para funcionariado de carreira, que a pertenza ao grupo A1 non está relacionada co desempeño dun posto de traballo senón que vén regulada polo Estatuto Básico do Empregado Público e que o complemento salarial é competencia das CCAA”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta