Valencia coñeceu os viños de Valdeorras

Déronse a coñecer nunha degustación organizada baixo o paraugas da marca “Experiencia Verema”.

Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 28/02/2023 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

Tras un primeiro acto promocional dos brancos e tintos do territorio amparado valdeorrés na Barcelona Wine Week, a principios deste mes de febreiro, os viños da comarca achegáronse nesta ocasión ata Valencia para darse a coñecer nunha degustación organizada baixo o paraugas da marca “Experiencia Verema” en colaboración co Consello Regulador.

O Presidente do CRDO Valdeorras na mostra de Valencia. Foto: Prensa CRDO
O Presidente do CRDO Valdeorras na mostra de Valencia. Foto: Prensa CRDO

Un total de 16 adegas da D.O. Valdeorras amosaron os seus produtos neste escaparate promocional, no que os visitantes poideron degustar ata 28 referencias da zona: 18 brancas (godellos todas elas) e 10 tintas.

“A través desta iniciativa, apostamos por afianzar a nosa presenza no mercado levantino e facémolo da man de Verema, entidade que aglutina unha das comunidades de aficionados ao viño e á gastronomías máis representativas do mundo de fala hispana, con máis de 100.000 usuarios rexistrados”, sinala José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta