Por E.P. | Galicia | 02/03/2023 | Actualizada ás 12:58
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou dun novo falecido en Galicia como consecuencia da infección por covid-19. Trátase dunha muller de 77 anos, con patoloxías previas, que pertence á área sanitaria de Santiago-Barbanza.
Na última actualización de datos, o número de casos rexistrados oficialmente ascendeu a 905, unha pequena subida. Deles, 177 son da área da Coruña; 121, da de Lugo; 150 da área de Ourense; 95, da área de Pontevedra; 117, da área de Vigo; 168, da área de Santiago; e 77 pertencen á área de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, catro están en unidades de coidados intensivos (UCI) e 130 en unidades de hospitalización convencional.
Galicia rexistrou un total de 690.194 curacións de persoas e, desde que se rexistran, contabiliza 4.079 falecementos. O número de PCR realizadas ascende 4.052.635 e a cifra de dose de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.628.029.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.