As rupturas matrimoniais en Galicia aumentaron no 2022

Baixa o número de divorcios consensuados

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 06/03/2023 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

O número de demandas de ruptura matrimonial --que engloba nulidades, separacións e divorcios-- presentadas en Galicia o ano pasado creceu ata as 5.117 en total, o que supón un aumento do 1,6% con respecto a 2021, cando se rexistraron 5.034. Con todo, a tendencia galega é a contraria á de todo o Estado, que anotou en 2022 un descenso do 2,3%.

En proporción á poboación, segundo cifras feitas públicas este luns polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), en Galicia contabilizáronse 189,8 demandas por cada 100.000 habitantes. O dato de toda España segue sendo superior, con 200,9 de media.

Por provincias, a da Coruña rexistrou o pasado exercicio 2.172 demandas de disolución matrimonial, seguida de Pontevedra con 1.826, Lugo con 564 e Ourense con 555.

En canto aos divorcios, foron a gran maioría das demandas de ruptura (4.924) o ano pasado en Galicia. Por tipoloxía, baixaron os divorcios consensuados --de 2.951 a 2.885, un 2,2%-- e, pola contra, incrementáronse o non consensuados --de 1.934 a 2.039, un 5,4%--.

As separacións legais foron 188 e subiron tanto as consensuadas --de 113 a 129 en 2022-- como as non consensuadas --de 35 a 59--. Así mesmo, durante o ano pasado só contabilizáronse cinco peticións de nulidade matrimonial.

OUTROS PROCESOS

Doutra banda, en 2022 na Comunidade galega iniciáronse 655 procedementos de modificación de medidas consensuadas, un 5,3% máis que en 2021. As demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 1.651 a 1.695, un 2,7% máis.

De igual modo, os procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais provocaron 949 demandas de modificación de medidas consensuadas, fronte ás 1.141 de 2021, o que supón un descenso do 16,8%; e 1.161 demandas de modificación de medidas non consensuadas (1.249 o ano anterior), unha baixada interanual do 7%.

Unha parella pasea aos cans colleitos da man polas rúas de Madrid
Unha parella pasea aos cans colleitos da man polas rúas de Madrid | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta