O Polo Aeroespacial incorpora unha infraestrutura única en España para experimentar con aeronaves non tripuladas

Tamén se instalará unha infraestrutura de telecomunicacións 5G e outra de ciberseguridade

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 06/03/2023 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, manifestou este luns que a incorporación dos novos simuladores dota ao Polo Aeroespacial de Galicia dunha infraestrutura única en España e na contorna europea para a experimentación con vehículos aéreos non tripulados.

Segundo indicou a Xunta nun comunicado, no acto de entrega deste equipo instalado no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR),  Conde asegurou que "vai permitir dar resposta a moitos dos retos que hoxe en día ten a regulación de voos con aeronaves non tripuladas", o que "fará de Galicia e España un referente nesta tecnoloxía".

Os dous simuladores desenvolvéronse a través dun contrato de Compra Pública Precomercial lanzado polo CDTI por un importe conxunto que suma 12,5 millóns de euros, asignados a Indra e Boeing.

Ademais, Conde avanzou que tamén se vai a instalar unha infraestrutura de telecomunicacións 5G e outra de ciberseguridade. Estas están apoiadas pola Administración autonómica e foron adxudicadas a Telefónica e GMW Aerospace & Defence por un importe de 3,6 millóns de euros.

SOLUCIÓNS INNOVADORAS

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, puxo en valor os 10,9 millóns de euros que inviste o Ministerio de Ciencia e Innovación, a través do CDTI, a novas solucións innovadoras en Galicia, "situando a Lugo na vangarda dentro do sector aeroespacial de Europa".

Nesta liña, tal e como indicou a Subdelegación nun comunicado, manifestou que son un exemplo "da importancia da colaboración público-privada con empresas innovadoras para potenciar a internacionalización".

Visita ao Polo Aeroespacial de Galicia
Visita ao Polo Aeroespacial de Galicia | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta