Medra o número de persoas que estudan galego no Bierzo, xa son máis de 1.100

A cifra aumentou un 5% con respecto ao ano pasado

Por Europa Press / Redacción | O Bierzo | 09/03/2023 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

O número de persoas que estuda galego de forma oficial na rexión do Bierzo, en Zamora e León, ascende a 1.173, un 5 % máis que no curso pasado, segundo confirmou este xoves o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Nestas xornadas, organizadas no marco das celebracións do Día do Galego no Bierzo pola Comisión Cultural Martín Sarmiento, o secretario xeral agradeceu a "estreita colaboración institucional" na consolidación do Programa de Promoción do Galego no Bierzo e Sanabria, que reforza "vínculos históricos existentes" entre ambas comunidades autónomas.

Acto celebrado en Cacabelos (León) con motivo da celebración do Día do Galego no Bierzo
Acto celebrado en Cacabelos (León) con motivo da celebración do Día do Galego no Bierzo | Fonte: Europa Press

O acto central incluíu a actuación de Pakolas, unha homenaxe polo centenario do nacemento de Antonio Pereira (autor de Villafranca), a presentación da páxina web ogalegonobierzo.org e o anuncio da convocatoria do IV edición dos Premios Morais. O programa pecharase cunha mesa de debate con participación de docentes, representantes da administración educativa e axentes culturais.

O programa de promoción do galego, ademais do ensino nas aulas, inclúe actividades complementarias, como visitas de estudos a Galicia apoiadas pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta