Compromiso confirma a Manolo González como candidato á Alcaldía de Outes

Aposta por manter o mesmo equipo que o acompañou na candidatura en 2019, sen descartar algunha nova incorporación

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/03/2023 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Manolo González foi reelixido por unanimidade como candidato á alcaldía pola agrupación política Compromiso Outes. González indicou que se sente "con ganas e ilusión para continuar o traballo dos últimos catro anos xunto aos seus compañeiros e compañeiras. 

Compromiso Outes
Compromiso Outes | Fonte: GC

"Fomos quen de poñer en marcha proxectos transformadores e de futuro para o noso concello, cunha nova dinámica á acción de goberno e lonxe da apatía do executivo anterior", expresou González. "Hoxe fálase de Outes noutros concellos da comarca e de Galicia, e é por cousas positivas", asegurou o actual alcalde. 

González tamén apostou por manter o mesmo equipo de persoas que o acompañaron na candidatura en 2019, sen descartar algunha nova incorporación. Será nas vindeiras semanas cando presente a candidatura completa para as eleccións do 28 de maio. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta