A valedora do Pobo premia dous traballos da USC sobre xestación subrogada e deporte feminino

Galardou a dúas alumnas da USC e unha da UDC

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 13/03/2023 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O xurado da terceira edición dos premios valedora do Pobo premia a Carmen Castrillo Sotelo e Cinthia Piñeiro Acevedo na modalidade de TFG, da Universidade de Santiago de Compostela (USC); mentres que na modalidade de TFM distinguiuse a unha alumna da Universidade da Coruña (UDC), Ana Souto Mínguez.

Nun comunicado, a USC destaca que 'Quen son elas? O deporte galego dende a perspectiva de xénero' é o título de traballo presentado pola xornalista Cinthia Piñeiro, quen entrevistou a 11 deportistas coa vontade de dar visibilidade a figuras femininas que destacan en deportes minoritarios. A autora tamén realiza un percorrido histórico pola discriminación entre homes e mulleres no contexto deportivo.

Ademais, a universidade compostelá sinala que o contrato asinado entre unha familia que desexa ter un fillo e unha persoa xestante a través dun ventre de aluguer, ou cunha axencia que actúe de intermediaria, é o xerme do TFG da graduada en Dereito Carmen Castrillo Sotelo titulado 'A xestación por substitución no Dereito civil español: a aceptación tácita dos efectos dun contrato nulo'. A autora conclúe que non ten cabida no ordenamento xurídico español ao "atentar contra a dignidade da persoa gestante, así como do menor que está a ser tratado como un obxecto contractual".

Unha vez coñecido o ditame do xurado, a valedora Dolores Fernández Galiño reuniuse coas gañadoras. O tres investigacións serán publicadas na web da Valedoría do Pobo, no espazo 'Falamos de Feminismo', cumprindo o estimulado nas bases da convocatoria.

A valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño
A valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta