Lobios acolle unha homenaxe a tres pilotos falecidos en labores de extinción de incendios

No acto, organizado por Aprafoga, colocarase unha escultura de Toño Monteiro e unha placa en memoria dos profesionais falecidos

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 16/03/2023 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

A Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (Aprafoga) organiza este venres en Lobios (Ourense), unha homenaxe a todas as persoas que deron a súa vida na defensa do patrimonio natural e, en especial, a todos os que loitaron na extinción dos incendios forestais.

No acto, que terá lugar na parroquia de Vilameá ás 12,00 horas, descubrirase unha placa cos nomes do tres últimos pilotos de aeronaves falecidos, dous perderon a vida na Serra do Xurés no ano 2020, cando se estrelou un hidroavión foca na zona de Santa Eufemia; e o terceiro morreu o ano pasado mentres pilotaba un avión de carga en terra na zona de Pena Trevinca.

Os tres homenaxeados son Jorge Manuel Santana Jardim (Portugal),Maximiliano Plaza Bretón (Salamanca) e Santiago Durán Alzugaray (Sevilla), destacou Aprafoga nun comunicado.

Na homenaxe colocarase unha escultura do artista de Lobios Toño Monteiro, discípulo do escultor, pintor e escritor Xaime Quessada. A peza representa a figura dun avión facendo unha descarga de auga e persoal en terra realizando a extinción dun incendio. Ademais, descubrirase unha placa coa inscrición dos nomes do tres pilotos falecidos para agradecer a súa loita pola defensa do medio ambiente e terá lugar unha ofrenda floral.

Un avión apaga lumes da UME sobrevoa e verte auga sobre o incendio de Cualedro
Un avión apaga lumes da UME sobrevoa e verte auga sobre o incendio de Cualedro | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta