Miranda defende unha agricultura ecolóxica libre de pesticidas e respectuosa coas abellas na Eurocámara

Na súa intervención detallou que o 9% das especies de abellas están ameazadas

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 16/03/2023 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, defendeu este xoves no pleno da Eurocámara a Iniciativa Cidadá Europea 'Salvar as abellas e os agricultores: cara a unha agricultura respectuosa coas abellas para un ambiente saudable' e mostrou o seu apoio a unha agricultura ecolóxica libre de pesticidas.

Segundo trasladou o BNG nun comunicado, Miranda destacou que esta iniciativa "conseguiu o respaldo de 1,2 millóns de persoas", así como "un gran número de peticións sobre estas cuestións". Nesta liña, explicou "a necesidade de protexer as abellas e outros polinizadores", xa que están "a sufrir un declive acentuado" tanto na Unión Europea (UE) como no resto do mundo.

Así, detallou na súa intervención que o 9% das especies de abellas están ameazadas, as poboacións de abellas están a diminuír un 37% e ata o 40% das especies polinizadoras poden estar ameazadas.

Ana Miranda na Eurocámara
Ana Miranda na Eurocámara | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta