Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 23/03/2023
Que votando libremente nós poñiamos a gobernantes que defenderían o interese público. E criámolo, estabamos contentos. Dixéronnos que eramos unha Democracia, que xa non había caciques, nin ladróns, nin abusos de poder, nin inútiles en postos de responsabilidade, que todo seria claro e non habería nada oculto para o Pobo.
Dixéronnos que o Estado velaría polo noso benestar, que a educación, a sanidade, a Xustiza, os servizos públicos seria os necesarios para o Pobo. Tamén nos dixeron que ao ser europeos xa podiamos estar en Europa, ou que ao estar en Europa xa eramos europeos; xa non o lembro ben, pasaron moitos anos e dixéronnos tantas cousas...
E despois empezaron a gobernar: votabamos con ilusión, ganas, e alegría. E despois nunca nos fixeron nin puto caso. Os traballadores poñíanse en folga e dicíanlles que xa gañaban bastante. Manifestabámonos pero non valía de nada, acababamos nun bar. Faciamos folgas e non nos escoitaban. Fixemos moitas folgas xerais e ningunha serviu para nada: eles facían o que quería.
Empezamos a opinar e nunca escoitaban as nosas opinións. O pobo falaba e eles sorrían burlonamente. Facían o que querían e sen responder ante ninguén. Votabamos pero non valía para nada. Cambiamos o voto e as cousas eran as mesmas.
Empezamos a darnos conta de que nos mentían. De que manifestarnos non valía para nada. Que a nosa opinión impórtalles unha merda; nunca consultaban ao pobo. Eles facían e desfacían nos seus despachos, e ás veces, naquel parlamento insultábanse e ríanse; un día un levou unha fotocopiadora, outro levou un bebe; a maioría levaban diñeiro, moito diñeiro e nunca pasaba nada.
E un día os Letrados da Administración de Xustiza puxéronse en Folga. Á Ministra importoulle un ravo. E paralizouse a Xustiza. Só discutían da ditadura, de ditador, algo de sexo, de animais, e de quen era máis ocurrente, locuaz e deslenguado.
E a Xustiza paralizouse.
Alvaro Rodríguez Núñez.