Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2023 | Actualizada ás 21:07
A Real Academia Galega celebrou este xoves o Día da Poesía cun acto de homenaxe a Darío Xohán Cabana que concluíu cun emotivo recordo da súa propia filla, Alexandra Cabana Outeiro.
A homenaxe, organizado pola Sección de Literatura da RAG, contou tamén coas intervencións das académicas Chus Pato e Marilar Aleixandre, e de Xoán Ramiro Cuba, Pepe Varro, Xosé María Álvarez Cáccamo, Marica Campo e Anxo Angueira no recitado de versos.
Interveu ademais a tradutora María Alonso Seisdedos, quen retratou ao Darío Xohán Cabana que trouxo ao galego grandes clásicos, un labor na que sobresae a "excelsa versión" que deixou da Divina comedia de Dante.
A parte musical achegouna o poeta e músico lugués Lois Pérez, que interpretou os poemas 'Cantiga de amigo pra facer o camiño', 'Vocabulario chairego' e 'Pedras de gozo'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.