Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 26/03/2023 | Actualizada ás 10:51
Catro persoas resultaron feridas ao chocar frontalmente dous coches en Vilaboa (Pontevedra), no punto quilométrico 7 da N-554.Segundo informou o 112, unha das persoas feridas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros do Morrazo.
O accidente produciuse uns minutos despois das 19,30 horas da tarde do sábado. Foi, nese momento, cando varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia do sinistro. Segundo indicaban, había polo menos unha persoa atrapada.
A partir de aí, desde o 112 Galicia solicitouse a actuación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Morrazo e de Pontevedra, da Garda Civil de Tráfico, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Soutomaior e do servizo de mantemento da vía de circulación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.