Caen as hipotecas un 8,6% en xaneiro en Galicia

Unha situación que contrasta co aumento dun 2,9% a nivel estatal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2023 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

O número de hipotecas constituídas sobre vivendas caeu un 8,6% en xaneiro en Galicia, se se compara co mesmo mes de 2022, ata situarse nos 1.272 préstamos, segundo datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Esta cifra dista do aumento rexistrado a nivel nacional, xa que no total de España contabilizáronse 37.435 hipotecas no primeiro mes do ano, un 2,9% máis que en xaneiro do exercicio previo.

A variación mensual foi do +19,9% en comparación con decembro, mentres que a nivel estatal subiu un +24,5%. O capital total prestado en Galicia foi de 149,8 millóns de euros, un 2,9% menos que en xaneiro de 2022 e un 27,3% máis que en decembro.

O total de hipotecas constituídas sobre leiras rústicas e urbanas foi de 1.672, con máis de 195 millóns de euros prestados. Delas, 1.617 eran leiras urbanas, sendo 1.272 vivendas; 12 solares e 333 outras leiras urbanas. Ademais, en case un 95% das hipotecas a entidade prestamista era un banco.

En xaneiro canceláronse en Galicia 1.798 hipotecas, das cales 1.280 estaban constituídas sobre vivendas e en máis do 93% dos casos o prestamista era un banco. Así mesmo, na Comunidade contabilizáronse 434 cambios rexistrais nos préstamos en xaneiro.

Unha muller sinala o valor de mercado dunha escritura de compravenda dunha hipoteca
Unha muller sinala o valor de mercado dunha escritura de compravenda dunha hipoteca | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta