A Xunta acusa o Concello de Ferrol de "perder fondos" por tardar en conceder licenzas para rehabilitar inmobles

A administración autonómica asinou este luns a adquisición de tres edificios na rúa San Francisco destinados a vivendas protexidas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2023 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Angeles Vázquez, acusou ao Concello de Ferrol de tardar á hora de conceder licenzas para poder rehabilitar inmobles no barrio de Ferrol Vello.

Segundo a representante da Xunta, esta demora ocasionou "perder fondos que había orzados para este barrio" e, en concreto, detallou que se perderon "dúas anualidades, un seis millóns de euros, e agora os orzamentos é de dez millóns".

Ademais, sinalou que tres dos edificios a rehabilitar "están para adxudicar, despois de que xa estivesen adxudicados, pero debido á demora das licenzas as empresas procederon á súa renuncia". A conselleira asegurou que esta decisión se debeu a que nos últimos tempos "incrementáronse moito todos os prezos dos materiais e, por tanto, a empresa non pode esperar un ano a comezar as obras".

TRES EDIFICIOS

A titular de Vivenda da Xunta acudiu este luns ao edificio administrativo da Xunta na cidade departamental, onde asinou ante notario a adquisición doutro tres edificios, todos eles na rúa San Francisco, dentro do programa Rexurbe.

"Hoxe é un día importante para Ferrol, con este tres novas adquisicións, o que supón que esta cidade se converta na localidade na que máis inmobles temos adquiridos", manifestou Vázquez.

Así mesmo, destacou que "nesta convocatoria cumprían requisitos cinco inmobles", pero uno dos propietarios finalmente rexeitou a venda e outro tiña cargas pendentes ante á Administración. O importe de compra deste tres propiedades ascende a "preto de 200.000 euros".

CIFRAS

Nesta liña, Angeles Vázquez detallou que a Xunta ten en propiedade 24 edificios en Ferrol, mentres que no conxunto da Comunidade contan con "un total de 81 inmobles adquiridos". Vázquez tamén especificou que este programa da Xunta ten como obxectivos "adquirir edificios para rehabilitar e que se convertan en vivenda pública, destinado sobre todo aos mozos que queren emanciparse".

Tamén manifestou que esta proposta busca, a través da área Rexurbe, "un plan de dinamización" no que tamén se valoran "a accesibilidade e servizos". Doutra banda, afirmou que se teñen en conta "algúns baixos comerciais, que moitas veces xa non teñen razón de ser" e, deste xeito, "poidan ser transformados en vivendas".

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, nunha reunión na Delegación da Xunta en Ferrol.. XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, nunha reunión na Delegación da Xunta en Ferrol.. XUNTA | Fonte: Europa Press

"CAMPAÑA DE ACOSO E DERRIBO" DA CIDADE

O portavoz do goberno municipal de Ferrol, Julián Reina (PSOE), acusou á Xunta de estar "nunha campaña de acoso e derribo" cara á cidade despois da acusación da conselleira de Vivenda, Angeles Vázquez, sobre a xestión do concello na concesión de licenzas de obras para a remodelación do barrio de Ferrol Vello.

"Hai quen confunde o partido coa institución", aseverou Reina en declaracións aos medios para responder a Vázquez, que acusou o goberno local de atrasar a concesión de licenzas para acometer as rehabilitacións pendentes ao amparo do programa Rexurbe.

"É bastante lamentable", detallou Reona, que tamén cargou contra a actitude da conselleira de Infraestrutura e Mobilidade, Ethel Vázquez, quen, di, "anuncia investimentos neste municipio da man do candidato do PP --José Manuel Rei Varela-- sen nin tan sequera consultar co alcalde", en alusión a un aparcadoiro disuasorio no barrio de San Xoán.

Ademais, instou a Angeles Vázquez a que "comece as obras canto antes, xa que teñen tres licencias concedidas do programa Rexurbe e non son capaces de inicialas", ademais de convidala "a ter un pouco máis seriedade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta