Multan a un pai con 540 euros por permitir o absentismo escolar continuado da súa filla menor

O condenado, que admitiu os feitos, pagará a multa en 6 prazos.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 29/03/2023 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

Un pai vigués, José Antonio V.D., aceptou este mércores unha multa de 540 euros como autor dun delito de abandono de familia, tras consentir que a súa filla menor de idade faltase ao instituto durante practicamente un curso enteiro.

Así se trasladou na vista de conformidade celebrada na sala do Penal 3 de Vigo, na que a maxistrada, tras o devandito acordo, ditou sentenza 'in voce', que xa foi declarada firme. Desta maneira, ao admitir o acusado os feitos, condenouno á pena de multa de 6 meses cunha cota diaria de 3 euros, que o procesado pagará en 6 prazos.

Inicialmente, a Fiscalía pedía 5 meses e medio de prisión e a inhabilitación para exercer o dereito da patria potestade por 3 anos. No entanto, ao recoñecer os feitos o home, o ministerio público rebaixou esa petición e reclamou os 6 meses de multa, mentres que suprimiu a petición de suspender a patria potestade.

Os feitos recoñecidos por José Antonio V.D. ocorreron durante o curso académico 2020-21. Segundo se recolle no escrito de acusación pública, este pai "incumpriu consciente e deliberadamente" as súas obrigacións de garantir a educación da súa filla, porque consistiu "con pasividade e desidia" que a menor, que estaba matriculada en 2º da ESO nun instituto de Vigo, apenas fóra a clase uns días do primeiro trimestre en todo o curso.

Edificio dos xulgados de Vigo
Edificio dos xulgados de Vigo | Fonte: MIGUEL RIOPA - COLEXIO DE PROCURADORES DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta