Por Europa Press / Redacción | Galicia | 30/03/2023 | Actualizada ás 12:19
A campaña publicitaria da Xunta de Galicia contra a violencia de xénero, publicada en novembro do ano pasado, gañou o premio 'O peor (e máis machista) Anuncio do Ano', un galardón que FACUA-Consumidores en Acción organiza desde 2010.
Segundo sinalan nun comunicado, trátase dunha "desafortunada" campaña cunha serie de anuncios "nos que se volvía a pór o foco na actitude ou forma de vestir das vítimas, culpabilizándolas se sofren algunha agresión".
"Cousas que as mulleres teñen que seguir aguantando en 2022: que unha campaña institucional contra a violencia de xénero siga poñendo o foco nas vítimas, culpabilizándoas a elas segundo como vestían, por onde estaban ou que estaban a facer", sinaln no comunicado.
"'Non debería pasar, pero pasa', o que sen dúbida non pasou pola cabeza de ninguén da Xunta é que a culpa só é dos agresores. E a eles ninguén lles pregunta que roupa levaban", afean desde a organización no comunicado. Estes premios son elixidos por socios e simpatizantes de FACUA. Máis da metade (o 58%) dos participantes decantouse pola campaña da Xunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.