O número de teletraballadores descende un 8,7% en Galicia

Galicia é unha das tres autonomías que creou emprego para ambos tipos de xornada no 2022

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/03/2023 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

Galicia é unha das nove autonomías onde o número de teletraballadores tivo unha variación interanual negativa no último trimestre do ano pasado, en concreto cunha baixada do 8,7%, segundo un informe de Adecco. De acordo cos datos desta empresa de recursos humanos, agora teletrabllan na comunidade galega un total de 130.700 persoas.

Con esta redución do dato global, tamén caeu o seu peso dentro do emprego total, ata o 12,1%, un punto porcentual menos que hai un ano e a terceira proporción máis elevada por comunidades. Con todo, segue sendo unha porcentaxe 3,3 puntos porcentuais maior á de 2019, antes da pandemia.

Na actualidade, o teletraballo é fundamentalmente un fenómeno madrileño e, en menor medida, catalán. A pesar de que a Comunidade de Madrid alberga ao 15,6% do total de ocupados, ten ao 23,8% de todos os teletraballadores do país. Cataluña, co 17,2% dos ocupados de España, ten o 19,3% de todos os seus teletrabajadores.

XORNADA PARCIAL

Galicia é unha das tres autonomías que creou emprego para ambos os tipos de xornada durante 2022: mentres se gañaron 10.500 empregos de tempo parcial, creáronse tamén 2.700 prazas de xornada completa. A autonomía galega é a única onde se incrementou a proporción de ocupados a tempo parcial en cada un do últimos cinco trimestres, sendo agora dun 14% (+0,5 puntos porcentuais).

Por outra banda, Galicia é unha das seis rexións que, ao mesmo tempo que destruíu emprego cualificado (2.600 prazas menos ao longo de 2022), aumentou o número de postos de traballo de cualificación media ou baixa (15.800 novos empregos máis). Así, a proporción galega de empregos de alta cualificación baixou ata o 32,6% (-0,5 puntos).

Persoa teletraballando nun ordenador
Persoa teletraballando nun ordenador | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta