Un home de 78 anos imputado polo incendio de Baleira provocado por unha queima sen autorización

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2023 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Lugo de 78 anos de idade como suposto autor material do incendio forestal de Baleira, que calcinou xa 1.400 hectáreas, por unha imprudencia grave cometida ao realizar unha queima de restos forestais sen autorización administrativa.

O informe técnico establece que o lume se iniciou no lugar de Cabreira-Baleira, e dada a inclemencia meteorolóxica na zona, "con fortes refachos de vento e unha humidade relativa moi baixa", a queima realizada supostamente pola persoa investigada descontrolouse.

Así mesmo, a Garda Civil destacou que debido a este lume viuse afectada unha zona de especial conservación, localizada na Marronda. Para tratar de esclarecer as causas do maior incendio forestal en Galicia no que vai de ano, os axentes do Instituto Armado contaron coa colaboración da BIFF do distrito forestal VII e a UIFO da Xunta.

As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de 1ª. Instancia e Instrución dos da Fonsagrada.

Un efectivo da Xunta con base en Becerreá traballan para extinguir as chamas nun incendio forestal en Baleira
Un efectivo da Xunta con base en Becerreá traballan para extinguir as chamas nun incendio forestal en Baleira | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta