Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2023 | Actualizada ás 11:00
A Xunta promocionará os produtos galegos de calidade do campo e do mar na XXXVI edición da Feira Gourmets, que se celebrará do 17 ao 20 de abril en Madrid. En total serán 52 empresas galegas as que participen baixo o paraugas da Xunta, co fin de promocionar os seus produtos e abrir novos mercados a nivel nacional e internacional.
O conselleiro de Medio Rural, José González, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participarán o vindeiro luns 17 na inauguración deste evento para apoiar coa súa presenza ás empresas participantes.
O posto que leva a Consellería de Medio Rura albergará un total de 29 empresas. Nunha desas illas estarán 20 coexpositores do sector alimentario en xeral e, na outra illa, irán nove adegas e coexpositores doutras bebidas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.