"Paisaxes mosaico" con viñedos, soutos e pastoreo; a nova política contra incendios da Xunta

A nova lei de incendios prometida en 2021 inicia a súa tramitación co obxectivo posto na prevención. Medio Rural aposta pola creación de barreiras naturais anti lumes a través da creación de actividade agrícola e gandeira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2023 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

A nova lei integral de loita contra os incendios forestais que pon o foco na posta en marcha de actividades agrogandeiras como vía para ter un territorio activo como vía para previr os lumes, arrincou a súa tramitación, que chega case dous anos despois de ser anunciada polo Goberno galego en xuño de 2021.

O Consello da Xunta celebrado este xoves deu luz verde ao novo marco normativo elaborado pola Consellería do Medio Rural, que espera que o texto lexislativo inicie nos próximos meses a súa tramitación parlamentaria co horizonte de que sexa aprobado antes de que termine o ano 2023.

Como explicou o conselleiro do Medio Rural, José González, que acompañou ao presidente, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior á reunión do Executivo autonómico, o obxectivo da lei é actuar sobre o propio territorio para que sirva de barreira anti incendios a través da creación de actividade agrícola e gandeira.

Para iso, unha das principais novidades que introduce a actualización da norma é a identificación de áreas de alta actividade incendiaria ou con posibilidade de sufrir lumes para fomentar nelas a posta en marcha de viñedos, soutos e outras actividades vinculadas ao sector forestal, agrícola ou gandeira".

Vacas pastando nun campo e detrás unha paisaxe queimada logo dun incendio da vaga de lumes do verán
Vacas pastando nun campo e detrás unha paisaxe queimada logo dun incendio da vaga de lumes do verán | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

"PAISAXES MOSAICO" CONTRA OS INCENDIOS

Todo isto para xerar "paisaxes mosaico" que actúen como "devasa", como explicou González, que tamén avanzou que a Xunta asumirá a planificación das actividades e xestión dos recursos dos distritos forestais, responabilidad que, ata o momento, recaía nos concellos, quen, en todo caso, manterán as súas competencias.

O anteproxecto que sae agora a exposición pública tamén inclúe outras medidas preventivas como a posta en marcha dun mapa dinámico de perigo de incendios, a regulación das queimas controladas ou a reclamación para que instalacións como, por exemplo, parques eólicos; poñan ao servizo da Xunta parte dos seus medios no caso de que sexa necesario combater un incendio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta