Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2023 | Actualizada ás 20:53
A Illa de San Simón, situada na ría de Vigo, acollerá residencias creativas literarias que serán creadas ao amparo dun plan de fomento do libro galego dotado con 3 millóns de euros.
O programa foi aprobado na reunión do Consello da Xunta deste xoves e divídese nunha decena de iniciativas orientadas a "adaptar" o sector do libro á transformación dixital, adecualo a "novas realidades" de consumo e "fidelizar lectores".
Ademais de accións para "expandir" o sector cultural galego, o plan establece liñas de apoio á creación como o programa de residencias na Illa de San Simón. Este programa aberto a creadores está dirixido tanto a escritores como a traducotres e ilustradores de fóra de Galicia. En total, está previsto que se beneficien 20 persoas.
Así mesmo, o plan aprobado este xoves contempla liñas de colaboración co CIS para lanzar o 'Laboratorio de Literatura Infantil e Xuvenil', que contará cun investimento de 70.000 euros para ampliar a publicación de títulos e mellorar a súa calidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.