Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2023 | Actualizada ás 16:52
A Plataforma Mina Touro - O Pino Non denuncia nun comunicado nas súas redes sociais que as augas procedentes da mina de Touro están deixando resto de residuos no río Pucheiras ao seu paso pola ponte das Goritas, a dous quilómetros da mina.
No comunicado axduntan unha imaxe do río na que se pode apreciar que os restos dos residuos procedentes da mina que este río recibe van deixando a súa marca no leito do río e nas pedras da ponte "tinguidas de marrón".
Denuncian que isto está a acontecer sen que "ningunha administración faga nada e diga que todo está ben". Explican que este río non se atopa dentro do plan de drenaxe de augas que está en estudo en Augas de Galicia e que, ademais, vai ser receptor das augas procedentes da balsa mineira do Viero se lle aproban o plan de drenaxe, o que faría que "os danos sobre este río sexan aínda maiores".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.