CSIF denuncia a "precariedade" dos celadores, con competencias "sexistas e discriminatorias"

Urxe á Consellería de Sanidade a constituír a mesa técnica para "redefinir" as funcións do colectivo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2023 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) urxe á Consellería de Sanidade a constituír a mesa técnica para "redefinir" as funcións do colectivo de celadores "de acordo ao traballo real que desempeñan na actualidade", así como para revisar as súas condicións laborais.

A través dun comunicado, esta organización denuncia que esta categoría profesional é unha das que "máis sofre a precariedade e os recortes dos últimos anos". Por isto mesmo, esixe medidas para a mellora das súas condicións e para a "dignificación e visibilidade do seu traballo".

CSIF requiriu xa "en distintas ocasións" a constitución desta mesa técnica para abordar, entre outras cuestións, a reclasificación profesional dos celadores, a creación dun módulo de grao medio de Formación Profesional dentro da familia sanitaria e a mellora da avaliación de postos de acordo coa lei de prevención de riscos laborais.

Do mesmo xeito, o sindicato insiste na revisión das competencias deste colectivo porque "se quedaron obsoletas, son sexistas e discriminatorias e non se corresponden coa realidade nin coas necesidades da sanidade pública do século XXI".

Hospital Público da Mariña, en Burela
Hospital Público da Mariña, en Burela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta