A Xunta prepárase para a campaña de lumes cos mesmos efectivos e unha nova brigada especializada

Mantén os máis de 7.000 efectivos do pasado ano para o operativo e eleva a 40 o número de parroquias de alta actividade incendiaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2023 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou este xoves a aprobación do plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga), antes do que adoita ser habitual e unha vez que o Consello Forestal avaliou o documento na súa reunión do pasado martes. Dotado de case 200 millóns, entre as novidades deste ano está a creación dunha unidade especializada en grandes incendios forestais.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou da aprobación do devandito documento, que estará vixente ata que se aprobe unha nova actualización no próximo ano, e que ten como principal obxectivo reducir o máximo posible "as consecuencias ecolóxicas, económicas e sociais producidas polos incendios forestais".

Así, o Pladiga 2023 mantén o catro ámbitos diferentes de planificación: prevención; detección, disuasión, investigación e medidas correctoras; extinción; e formación; pero incorporando unha serie de novidades. O operativo tamén se mantén en termos similares no que respecta ao número de efectivos: máis de 7.000.

Así, no marco do Pladiga 2023, créase unha unidade de directores de extinción e créanse tres novas brigadas públicas helitransportadas nas bases do Barco de Valdeorras, no Xurés (Muiños) e en Queimadelos (Mondariz) --con medio centenar de efectivos para cubrir as diferentes quendas-- e que se sumarán ás xa existentes nas bases de Marroxo (Monforte), Campiño (Pontevedra) e Vilamaior (Verín).

Estas brigadas helitransportadas serán un apoio fundamental para o desenvolvemento da unidade, coa garantía de "dispor de medios durante todo o ano" e con persoal que integrará parte do equipo, ademais da "versatilidade" que, defende a Xunta, ofrece dispor do medio aéreo como ferramenta para determinadas accións.

MÁIS CÁMARAS DE VIXILANCIA

Outra novidade do Pladiga 2023 ten que ver coa vixilancia fixa. Así, dentro desta rede increméntanse en cinco as cámaras dispoñibles, en dúas novas localizacións, co que se consegue a cifra de 153 unidades en 76 localizacións.

MÁIS PARROQUIAS DE ALTA ACTIVIDADE INCENDIARIA

En relación coas parroquias de alta actividade incendiaria, o Pladiga 2023 eleva o número de parroquias a 40, fronte ás 35 do ano pasado. Así, do total de parroquias, 26 repiten respecto da anterior campaña, 14 entran na listaxe e 10 saen dela.

Un avión de extinción de incendios traballa na extinción do incendio iniciado en Boiro / César Argina - Europa Press. / Europa Press
Un avión de extinción de incendios traballa na extinción do incendio iniciado en Boiro / César Argina - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta