O BNG propón a creación de bancos de sementes en criadeiros para "rexenerar" o marisqueo

Ademais, propoñen tamén a creación de seguros para cubrir perdas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2023 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

Pór en marcha bancos de sementes en 'hatcheries' (criadeiros) de iniciativa pública privada ou privada, articular seguros para a cobertura de perdas e plans de saneamento das rías son as propostas que lanzou a líder do BNG, Ana Pontón, para facer fronte á caída da produtividade na ría de Arousa.

A portavoz nacional do BNG participou nun acto este venres con mulleres mariscadoras en Cambados, coas que abordou os problemas nas súas condicións de traballo e no estado da ría. Pontón resaltou que o marisqueo dá traballo a unhas 4.000 mulleres, a maior parte delas mulleres das que o 32% é maior de 50 anos, polo que incidiu na importancia de "avanzar" na dignificación e profesionalización das súas condicións laborais.

Así as cousas, a responsable da formación frontista expuxo a elaboración dun catálogo de enfermidades profesionais do sector como a artrose, artrisis, dores de costas ou trastornos na columna.

Tamén avogou por elevar os coeficientes reductores para acceder antes á xubilación ou a creación dun observatorio galego de igualdade para o sector do mar co que elaborar informes e estatísticas que sirvan para corrixir a brecha de xénero.

A líder do BNG, Ana Pontón, nun acto en Cambados (Pontevedra). BNG
A líder do BNG, Ana Pontón, nun acto en Cambados (Pontevedra). BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta