A maioría das familias con persoas con discapacidade recortou gastos en 2022 e case o 40% non pode aforrar

Facer fronte a tratamentos, medicamentos e terapias son algunhas das cousas que máis esforzo supoñen para as familias, con máis problemas para sufragar cuestións como dietas especializadas ou actividades especiais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2023 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

O 80% das familias galegas con integrantes que padecen algunha discapacidade recoñece que tivo que recortar gastos no último ano ante o encarecemento da vida e o 38,4% ten nula capacidade de aforro, segundo un estudo elaborado por Adecco.

O informe sinala que os sobrecustos derivados da inflación incrementou entre 150 e 6.000 euros os gastos destas familias, que deben facer fronte a desembolsos adicionais asociados á discapacidade de ata 30.000 euros.

A enquisa realizada pola compañía de recursos humanos sinala que o 62,5% das familias galegas con persoas con discapacidade ao seu cargo recortou gastos non esenciais (lecer, compras ou vacacións) e o 17,6% viuse obrigado a facelo en vivenda, subministracións ou alimentos.

Ademais, o 38,4% dos fogares galegos admite que actualmente ten nula capacidade de aforro e, entre aqueles que si o conseguen, a maior parte non pode facelo en máis de 300 euros.

De feito, o 15,6% admite non chegar a fin de mes e case a metade (47,9%) faino con dificultade. Un 75% declara non poder afrontar gastos imprevistos e un 60% teme non poder manter gastos vinculados á discapacidade (terapias, asistencia, etc.) durante o próximo exercicio.

Facer fronte a tratamentos, medicamentos e terapias son algunhas das cousas que máis esforzo supoñen para as familias, que mostran máis problemas para sufragar cuestións como dietas especializadas ou actividades especiais.

Empregado con discapacidade nunha empresa
Empregado con discapacidade nunha empresa | Fonte: ONCE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta